NOVAS

"O MedioAmbiente e Eu": concurso de fotografía da AEMA

Publicado o 18 de Agosto de 2014

Amigas e amigos fotógraf@s!

Temos un novo concurso para ver como funcionan as vosas lentes! A Axencia Europea de Medio Ambiente organiza o concurso fotográfico "O MedioAmbiente e Eu".

Que requisitos tedes que cumprir para participar?

 

  • Ser maior de 18 anos
  • Ser cidadán de calquera Estado membro da Unión Europea, ou de Islandia, Liechtenstein, Noruega e cooperantes dos Balcanes Occidentais.

 

Que tipo de fotografías podedes enviar? O tema é que hai que reflictir en imaxes a idea que teñades sobre o medio ambiente. Como máximo pódense presentar cinco fotografías.

Haberá premios? Si:

 

  • 2000 euros
  • 1500 euros
  • 1000 euros 
  • 500 euros para o ganador elixido polo público 
  • 500 euros para o ganador da categoría nova, entre os 18 e os 24 anos.

 

Todos os finalistas serán presentados para o Premio do Público, e poden tamén aparecer en futuro material de difusión da AEMA e os seus socios europeos.

Ata cando se poden presentar as imaxes? Ata o 30 de setembro hai tempo! A darlle ao "coco"...como representariades o medio ambiente en cinco fotografías?

Precisades máis información a atoparedes nesta ligazón.