NOVAS

O Padroado da Cultura convoca ás comparsas de Narón e doutros concellos a unha xuntanza sobre o Festival de Entroido

Publicado o 20 de Xaneiro de 2020

Anúnciase a convocatoria para unha xuntanza informativa polo Festival de Entroido de febreiro. O aviso vai dirixido a representantes das comparsas de Narón e doutros concellos

A presidenta do Padroado da Cultura de Narón e alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, anunciou a convocatoria dunha xuntanza dirixida aos representantes das comparsas de Narón e doutros concellos para dar a coñecer as normas de participación neste festival que se celebrará con motivo do Entroido no mes de febreiro. A reunión terá lugar este mércores, día 22, a partir das 19.00 horas no Pazo da Cultura, tal e como indicou Ferreiro.

A presidenta do Padroado convidou aos representantes das comparsas interesadas en participar no Festival de Entroido que se organiza na cidade a acudir a esta convocatoria.