NOVAS

O Padroado de Deportes de Narón mantén aberto o prazo de solicitude de subvencións a clubs e entidades deportivas de ámbito municipal

Publicado o 23 de Xullo de 2012

A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, lembrou hoxe que segue aberta a convocatoria de concesión de subvencións a clubs e entidades deportivas de ámbito municipal.

O prazo de solicitude abriuse o pasado 2 de xullo, e rematará o vindeiro 31 de xullo.

As bases que rexen esta convocatoria (publicadas no BOP do xoves 24 de maio de 2012) poden consultarse na páxina web do Padroado de Deportes de Narón (www.padroadodeportesnaron.com) e nas oficinas do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara.

As solicitudes poden presentarse no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres en horario de 8:30 a 13:00 horas, e os sábados de 9:00 a 13:00 horas.