O Padroado de Deportes do Concello de Narón iniciará o vindeiro luns 26 de decembro o programa Depornadal 2011, destinado a nen@s de 6 a 12 anos empadroados en Narón.
O Padroado de Deportes do Concello de Narón iniciará o vindeiro luns 26 de decembro o programa Depornadal 2011, destinado a nen@s de 6 a 12 anos empadroados en Narón.
En total, están inscritos 154 participantes, que se dividirán en dous grupos en función das idades: de 6 a 9 anos (94 nen@s) e de 10 a 12 anos (60 nen@s). Os horarios definitivos de Depornadal son os seguintes:
HORA LUNS MARTES MERCORES XOVES VENRES
10:00 NATACION TIRO CON ARCO TENIS DE MESA BALONCESTO *PADEL
11:30 (A.D.Náutico Narón) (Club Arco Narón) (CTM Narón) (A.D. Santiago Apóstol) (Padel San Mateo)
*PADEL
(Scholl Padel Center)
11:30 FÚTBOL SALA JUDO VOLEIBOL BALONMÁN *PADEL
13:00 (C. Cidade de Narón) (A.D.J. ferrolterra) (C. Narón Volea) (C. Balonmán Narón) (Padel San Mateo)
*PADEL
(Scholl Padel Center)
16:00 NATACIÓN TIRO CON ARCO TENIS DE MESA BALONCESTO
17:30 (A.D. Náutico Narón) (Club Arco Narón) (CTM Narón) (A.D. Santiago Apóstol)
17:30 FÚTBOL SALA JUDO VOLEIBOL BALONMÁN
19:00 (Club Cidade de Narón) (A.D. judo ferrolterra) (Club Narón Volea) (Club Balonmán Narón)
Todas as actividades desenvolveranse no Polideportivo da Gándara agás das actividades de Tiro con Arco, Judo que se levarán a cabo no pavillón da Mocidade (Martes 27) e Pádel (venres 30). A actividade de Pádel consistirá
nunha única xornada de 3 horas o Venres 30 de 10:00 a 13:00 horas. Os participantes de 6 a 9 anos deberán presentarse as 10:00 horas do venres 30 no Scholl Padel Center (polígono río do Pozo) e serán recollidos no mesmo lugar as 13:00 horas.
Os participantes de 10 a 12 anos deberan presentarse as 10:00 do venres 30 no Pádel San Mateo (San Mateo) e serán recollidos no mesmo lugar as 13:00 horas. Direccións: Padel San Mateo (Lugar de la Iglesia s/n, Parroquia de San Mateo, Narón ). Scholl Padel Center (Avenida Jesús Fernández Pita15578 Narón) polígono de Rio do Pozo. Os pais/nais ou Titor dos participantes serán os encargados de levar e recoller os nenos/as o iniciar e finalizar as actividade.
A Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, destacou o éxito de participación nesta segunda edición de Depornadal, na que se superou a inscrición do ano anterior. Ó mesmo tempo, agradeceu a colaboración de tódolos clubes e entidades que fan posible unha alternativa de ocio divertida e saudable, achegando ós máis novos ó deporte, así como unha maneira de conciliar a vida familiar e laboral.