A edila destacou o feito de que este Mercado Medieval non suporá coste algún para o Concello, que só ten que ceder o espazo para ubicar os perto de 70 postos do mercado, e proporcionarlles a correspondente luz e auga. Pola contra, nesta feira medieval poderá disfrutarse de actuacións e animación durante toda a xornada, ademáis de actividades lúdicas para os máis pequenos e unha ampla exposición de obxetos e alimentos á venta.
O parque fluvial do río Freixeiro acollerá dende a tarde de mañá venres e ata o domingo o I Mercado Medieval, que se desenvolverá en horario de mañá (de 11:30 a 15:00 horas) e de tarde-noite (de 18:00 a 00:00 horas). O evento foi presentado hoxe en rolda de prensa pola Concelleira de Festas, Mª del Mar Gómez, e os responsables da empresa organizadora, Fusión Medieval.
A edila destacou o feito de que este Mercado Medieval non suporá coste algún para o Concello, que só ten que ceder o espazo para ubicar os perto de 70 postos do mercado, e proporcionarlles a correspondente luz e auga. Pola contra, nesta feira medieval poderá disfrutarse de actuacións e animación durante toda a xornada, ademáis de actividades lúdicas para os máis pequenos e unha ampla exposición de obxetos e alimentos á venta.
Mª del Mar Gómez animou a tódolos veciños e veciñas de Narón e comarca a achegarse e disfrutar deste Mercado Medieval, nun entorno acolledor e apropiado coma é o do paseo fluvial do río Freixeiro.
Entre as actuacións máis espectaculares coas que os visitantes se atoparán destaca a dun encantador de serpes, e a exposición de oficios tradicionais coma o de herrero, soplador de vidro ou canteiro. Ademáis, haberá unha exposición de obxetos de tortura empregados na idade media (con 20 pezas a tamaño real) e outra exposición de apelidos heráldicos.
Os máis pequenos da casa atoparán no Mercado Medieval un rincón infantil, con actividades para xogar.
A animación nas rúas desta feira medieval está garantizada, cun espectáculo cada 30 minutos. Haberá pasarúas musicais, actuacións teatrais, e charangas, ademáis de persoaxes fantásticos coma duendes.
A feira medieval comprétase cun elevado número de postos nos que pódense adquirir obxetos diferentes: reloxes de madeira, semillas, herbas medicinais, vidrio, bisutería feita con abalorios, productos de aloe vera, amuletos, arcos e frechas, etc…
Documento | Tamaño |
---|---|
programa do mercado medieval.pdf | 370.77 KB |