NOVAS

O Paseo de Xuvia acollerá o primeiro Campionato Galego de Piragüismo nas categorías alevín e benxamín, cunha participación prevista de 500 palistas

Publicado o 21 de Xullo de 2011

A competición foi presentada hoxe en rolda de prensa pola Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, e o presidente do Club de Piragüismo de Narón, Antonio Castro. A responsable municipal animou a tódala cidadanía a presenciar este campionato, que consiste en percorrer unha distancia de 1.500 metros e que se poderá ver ó longo do paseo marítimo de Xuvia.

O Paseo Marítimo de Xuvia acollerá a tarde do sábado 30 de xullo (en horario de 16 a 20 horas) o I Campionato Galego de Piragüismo para alevíns e benxamíns, organizado polo Club de Piragüismo de Narón en colaboración co Padroado de Deportes.

A competición foi presentada hoxe en rolda de prensa pola Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, e o presidente do Club de Piragüismo de Narón, Antonio Castro. A responsable municipal animou a tódala cidadanía a presenciar este campionato, que consiste en percorrer unha distancia de 1.500 metros e que se poderá ver ó longo do paseo marítimo de Xuvia.

Pola súa banda, o presidente do Club, Antonio Castro, explicou que está prevista a participación aproximada de 500 palistas en ambas categorías, procedentes de diferentes puntos de Galicia (principalmente de Pontevedra, e tamén de Narón -18-, Pontevedra, Miño, As Pontes, Betanzos, A Coruña). Todos eles recibirán ó finalizar a proba un obsequio conmemorativo desta competición, que a  organización agarda consolidar en edicións futuras e incluso chegar a otorgarlle categoría nacional.

O orzamento total do I Campionato Galego de Piragüismo é de 5.000 euros. O prazo de inscripción finaliza o vindeiro domingo 24 de xullo.