NOVAS

O paseo marítimo de Xuvia conta dende o sábado con 100 novas árbores!

Publicado o 13 de Abril de 2015

A fin de semana pasada, concretamente o sábado día 13, tivo lugar unha nova plantación de árbores no paseo marítimo de Xuvia, que estivo organizada pola Asociación Croio coa colaboración do Concello de Narón.

Neste evento participaron alumnos e alumnas do CRA de Domiron e do CEIP ponte de Xuvia, así como os voluntarios e voluntarias da asociación.

Temos novas árbores no paseo de Xuvia? Abofé que si, en total plantáronse mais de 100 árbores ao longo do paseo.

A todas as persoas participantes se lles entregou un agasallo conmemorativos da e fotografáronse co Alcalde, Jose Manuel Blanco, e o Concelleiro de Medioambiente, Manuel Ramos, fronte ao Magnolio centenario de Xuvia.