NOVAS

O Pazo da Cultura acollerá este venres o Festival Solidario para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Publicado o 03 de Novembro de 2016

Este venres día 04 de novembro, organízase por parte do Concello o Festival Solidario que se celebrará no Pazo da Cultura. Colaboran o Padroado da Cultura de Narón e a Asociación Centro de Recursos Solidarios de Narón.

O evento foi presentado pola edil de Acción Social, Catalina García, o presidente da citada asociación, José Manuel González, e o cantautor Marcos Mella, a recadación destinaráse ao Centro de Recursos Solidarios de Narón.

Datos que debedes ter en conta para asistir e participar:

  • Prezo da entrada: 5 euros
  • Hora de comenzo: 20:00 horas
  • Lugar: Pazo de Cultura de Narón

Así mesmo, habilitouse unha “Fila 0” para as persoas que non poidades acudir, que teredes a oportunidade de ingresar os vosos donativos na conta: ES95ES95-0238- 8158-060600070448.

Os cantantes Rocío Varela, Marcos Mella, Hilda Rock, Dani Ríos e Andrés Rodríguez comparten protagonismo no cartel deste festival xunto co Mago Deimi, a monologuista naronesa Eva Castro e a Escola de Baile Jesús Quiroga. A presentadora do acto será Isabel Acedo e os menores terán a oportunidade de fotografiarse con Bob Esponxa.


Tanto os organizadores deste evento, como nós desde aquí, queremos animarvos para que participedes activamente neste festival solidario.

Recordade así mesmo, que as instalacións do Centro de Recursos Solidarios de Narón, están ubicadas na avenida Gonzalo Navarro no polígono industrial de Río do Pozo –parcela 23-, e permanecen abertas os luns, martes, xoves e venres de 9.30 a 13.00 horas e os mércores de 16.30 a 20.00 horas por se queredes colaborar co centro o longo do ano.