NOVAS

O Pazo da Cultura acollerá o VII Encontro de Bandas de Música coa participación de tres agrupacións

Publicado o 05 de Maio de 2011

Neste certame participarán a Agrupación Musical Atlántida de Matamá, a Banda de Música de Sober, e a Xove Banda de Narón.

O Pazo da Cultura de Narón acollerá o sábado 7 de maio ás 20:00 horas o VII Encontro de Bandas de Música organizado pola Agrupación Musical Sementeira, e que conta co patrocinio do Padroado de Cultura.

Neste certame participarán a Agrupación Musical Atlántida de Matamá, a Banda de Música de Sober, e a Xove Banda de Narón.

A entrada para asistir ó Encontro de Bandas de Música é gratuita, e as invitacións poden retirarse na taquilla do Pazo da Cultura en horario de 11:00 a 13:30 horas, e de 18:00 a 20:00 horas, de luns a venres. O sábado a partir das 17:00 horas.