NOVAS

O prazo de inscrición para participar no Voluntariado Ambiental no Parque Nacional das Illas Atlánticas queda aberto

Publicado o 10 de Xuño de 2014

O Voluntariado Ambiental terá lugar no Parque Nacional das Illas Atlánticas, en Sálvora e Cortegada.

É organizado polas direccións xerais de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar, e de Conservación da Natureza, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. 

obxectivo principal é o de sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a concienciación ambiental e a recuperación de ecosistemas nos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

O prazo para que os voluntarios (maiores de 16 nos) se anoten para a quenda de xuño abriuse hoxe, martes 10 de xuño. Poderano facer na páxina web www.voluntariadogalego.org

Contarán con grupos de 8 voluntarios en xornadas diarias, sen pernoctar. Os martes actuarán en Sálvora, con saída do porto de Aguiño ás doce e regreso ás sete da tarde e os xoves en Cortegada, entre as 10 da mañá e as seis da tarde, con saída desde Carril.

Ao finalizar a súa participación, obterán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrita como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.