NOVAS

O primeiro equipo do Comarcal A Fervenza xoga ante a súa afección este domingo

Publicado o 29 de Abril de 2011

Tras o parón da Semana Santa, volve a liga na súa fase máis decisiva, xa só quedan tres encontros para finalizar a tempada e aínda quedan moitas cousas por decidir.

Farao ante o Ovifem, no partido correspondente á 24º xornada da División de Prata, Grupo I. O encontro será ás 12:30, no Pavillón Municipal de Neda.

Tras o parón da Semana Santa, volve a liga na súa fase máis decisiva, xa só quedan tres encontros para finalizar a tempada e aínda quedan moitas cousas por decidir.

No encontro desta xornada, o Comarcal A Fervenza pode conseguir asegurar de maneira matemática a 4º posición da xeral. Se consegue a vitoria, será unha realidade. Se non o consegue, unicamente tería que facer o mesmo resultado que o Estanda Ordizia para conseguilo. Aspirar a metas máis altas é case unha utopía.

Pola súa banda, o Ovifem, chegará a este encontro nunha situación que un club nunca querería, xa que está matematicamente descendido, e tan só foi capaz de lograr unha vitoria na presente tempada. Tamén hai que dicir que é un grupo moi novo e que ten moito mérito que estean a xogar de ti a ti con grandes equipos na División de Prata.

A pesar de todo isto, non hai que fiarse, xa que nesta categoría calquera equipo pódeche pintar a cara e conseguir a vitoria, e non sería a primeira vez que iso sucedese.

E nesta xornada, non nos queremos esquecer desas nais que hoxe celebran o seu gran día e que no noso caso, tantas veces axudáronnos en poder sacar este club adiante. Grazas a todas.

Fonte: Páxina Web Oficial do Comarcal A Fervenza FSF (www.afervenzafsf.tk)