NOVAS

O programa de Educación Vial terá lugar o venres 13 e o sábado 14 de xuño

Publicado o 13 de Xuño de 2014

A Policía Local de Narón levará a cabo o seu programa de Educación Vial hoxe, venres 13, (de 16 a 20 horas) e o sábado 14 (de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas) na rúa Cataluña, xunto ó Centro Comercial e de Ocio ‘Dolce Vita Odeón’

Unha actividade realizada en colaboración co CC Odeón e Neumáticos Soledad-Conforauto.

Por un lado, instalarase o Circuíto de Educación Vial (con 6 coches a pedais, correpasillos e patinetes) para que os menores aprendan as regras básicas da circulación, dende o punto de vista dos condutores e tamén como peóns. E por outro, a empresa Neumáticos Soledad-Conforauto levará a cabo un Clinic de Seguridade Vial no que realizará revisións gratuítas de vehículos.

Anímate! É unha actividade gratuíta e aberta para tódolos públicos.