NOVAS

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón ofrece postais electrónicas e para descargar coas que felicitar o Nadal

Publicado o 22 de Decembro de 2014

A Concellería de Educación do Concello de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada Cortizas, a través do Servizo de Normalización Lingüística, pon en marcha un ano máis a campaña “Felicita o Nadal en galego!” co fin de promover o emprego da lingua galega entre a cidadanía.

Tal e como indicou a edil responsable de Educación, “cando se achegan estas datas tan sinaladas é tradición enviar unha postal ós nosos seres queridos para felicitarlles as festas e a entrada no novo ano. Hoxe en día, grazas ás novas tecnoloxías moitos e moitas optamos polas postais electrónicas a través do e-mail para mostrarlles o noso afecto” indicou Mª del Carmen Espada.

Para facer máis sinxelo ese traballo, a web do Concello de Narón ofrece unha serie de recursos dixitais:

  • Postal para descargar
  • Postal electrónica

Ademáis, as postais conteñen diversas mensaxes de felicitación e panxoliñas que pódense utilizar para felicitar ós seres queridos nestas datas. 

Estas postais poden descargarse no seguinte enlace

http://www.concellodenaron.com/web/cat/web/cat/gal/concello/nadal2014

As persoas que queiran facer algún tipo de consulta relacionada con esta campaña, poden chamar ó teléfono 981 33 77 00 (extensión 1516) ou enviar un correo electrónico a a.pita@naron.es Ademáis, o Servizo de Normalización Lingüística está ó servizo dos cidadáns para corrixir ou traducir ao galego os textos de felicitación do Nadal.

O Servizo de Normalización Lingüística está sostido con fondos do Concello de Narón, e subvencionado pola Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. A parte do seu labor interno, tamén lle presta o seu servizo a calquera persoa particular, empresa, asociación ou entidade que o demande, tanto de asesoramento lingüístico coma de tradución e corrección de textos. Entre as funcións que desenvolve, atópanse as de dinamización, asesoramento e formación lingüística.