NOVAS

O XIII Oenach Atlántico inclúe un Encontro e unha Feira Internacional de Ceramistas de Galicia e Portugal

Publicado o 19 de Xullo de 2011

O XIII Oenach Atlántico, que se celebrará en Sedes os días 29, 30 e 31 de xullo, incluirá este ano por vez primeira unha Feira-Encontro Internacional de Ceramistas de Galicia e Portugal.

O XIII Oenach Atlántico, que se celebrará en Sedes os días 29, 30 e 31 de xullo, incluirá este ano por vez primeira unha Feira-Encontro Internacional de Ceramistas de Galicia e Portugal.

Está prevista a participación de 24 ceramistas galegos e portugueses, que en conxunto exporán máis de 1.000 pezas de cerámica, de deseño conceptual, deseño comercial, artísticas, e decorativas. Ademáis,  a Feira-Encontro de Ceramistas albergará tres coleccións-mostra de cerámica de diversos museos de Galicia e Portugal.

Cada dunha destas coleccións dispón de interesantes e valiosas pezas únicas, con grande valor histórico por corresponder a épocas pasadas.   Estas coleccións pertencen á zona de Barcelos en Portugal, Museo de Mesía e Colección de Artes de Galicia “Xunta de Galicia”, que son cedidas polos museos e coleccións expresamente para este evento.

Ademáis o Encontro de Ceramistas contará  con ceramistas das zonas tradicionais de Galicia, coma son Gundivós, Niñodaguia, Bonxe, e Buño. Os ceramistas realizarán en paralelo á feira, pequenas tertulias coloquio sobre cerámica, deseño, catalogacións, etc. Os visitantes poderán ver demostracións en directo de elaboracón con distintas técnicas, e haberá tamén un Obradoiro Aberto permanente de Cerámica Rakú, no que se ensinará esta técnica, e se realizarán diversas demostracións.

Os  nenos e nenas disporán dun Obradoiro Aberto de Cerámica Infantil, no que poderán xogar e aprender a modelar o barro, e mesmo,  a decoralo coa axuda dunha ceramista especializada en cerámica infantil.

Esta Feira-Encontro Internacional de Ceramistas  ten como obxectivo promocionar a imaxe das zonas rurais na organización e reivindicación de eventos de calidade. Conta co apoio da Concellería de Cultura de Narón e do Grupo de Traballo de Sedes.

Así mesmo, permite un intercambio cultural posto que máis de 200 persoas portuguesas viaxarán a Sedes para visitar e acompañar esta Feira-Encontro, que permitirá un volumen de negocio mínimo  arredor dos 24.000 € netos na actividade feiral de compraventa, sen contar os negocios de distribución e contactos con tendas comerciais dedicadas a artesanía, regalos e souvenirs.

Esta Feira-Encontro Internacional de Cerámica Galaico-Portuguesa estará arroupado por un Mercadiño Aberto de artesanos da bisutería, coiro, xoguetes, e outra artesanía menor popular, que disporá de máis de vintecinco postos.

O programa compretarase cun MercaTroco, no que calqueira persona pode expoñer obxectos usados que desexe vender, trocar ou mercar, que xa conta con máis de cen pezas para empezar, e que de seguro fará as delicias dos afeccionados á merca de obxetos usados, que van dende libros ate bicicletas, ferramentas, electrodomésticos, roupa...etc