NOVAS

Obradoiro en liña sobre “Menores e pantallas. O gran reto educativo” para escolares da cidade e as súas familias

Publicado o 03 de Maio de 2022

O Concello organizou a través das áreas de Mocidade e Ensino, presididas polos edís Pablo Mauriz e Mercedes Taibo, respectivamente, dous obradoiros para concienciar a alumnado da cidade e ás súas familias.

Nestas convocatorias, que se programaron en liña, abórdanse temas como a “Adicción aos videoxogos e ludopatía en menores” –que tivo lugar a pasada semana- e “Menores e pantallas. O gran reto educativo” –que terá lugar mañá de 18.00 a 20.00 horas. 

Os edís naroneses recordaron que o obradoiro de mañá se dirixe a familias con fillas e fillos en Infantil e Primaria de centros de ensino de Narón. Na convocatoria trataranse temas como: o primeiro móbil, redes sociais e condutas de risco, autoxestión nas redes sociais, os videoxogos e a nova adición da infancia e pautas de orientación. As persoas interesadas en acceder ao obradoiro poden facelo a través do enlace: https://gedosconsultoressl.my.webex.com/gedosconsultoressl.my/j.php?MTID=m92d57e3147299c3b80c29dc8db0aec19. Estas accións realízanse a través dunha plataforma á que se pode acceder con ordenador, dispositivo móbil ou tableta, sendo preciso no caso de conectarse cun móbil instalar a aplicación Cisco Webex Meetings. As persoas que teñan algunha dúbida ou precisen algunha aclaración ao respecto poden dirixirse aos teléfonos 722 405 724 ou 639 099 457.

A través destas dúas convocatorias trátase de ofrecer aos menores e ás súas familias as ferramentas necesarias para evitar condutas adictivas relacionadas co uso das novas tecnoloxías e co xogo con apostas.