NOVAS

Obradoiros de difusión e asesoramento do Servizo Voluntario Europeo “20 anos construíndo SVE"

Publicado o 21 de Outubro de 2016

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado con motivo do seu 20 aniversario e en colaboración coa Axencia Nacional do programa Erasmus

 Xuventude en Acción invítavos a participar nestes obradoiros que se celebrarán:

  • Dia 25 de outubro de 2016, no Centro Coordinador de Información Xuvenil. Ubicado na Rúa Ramón Piñeiro, 17-19, en Santiago de Compostela.
  •  O día  26 de outubro de 2016, na Casa do Deporte, rúa Fotógrafo Luis Ksado, 17, en Vigo.
  •  O 27 de outubro de 2016, no Centro residencial xuvenil Lugo, na rúa Pintor Corredoira, 2, en Lugo.
  •  O día 28 de outubro de 2016, no Centro Quérote. A Coruña, na Avenida Linares Rivas, 28-8º. A Coruña.
  •  E o día 4 de novembro de 2016, no Espazo Xove de Ourense, na rúa Celso Emilio Ferreiro, 27, en  Ourense.

 

O horario das xornadas será de 10:00 a 13:00 horas.

Para máis información achégovos a dirección, para que aqueles que ainda non estedes inscritos, si queredes poidades facelo.