NOVAS

Obradoiros para a Mocidade

Publicado o 23 de Setembro de 2011

A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, está a organizar dous Obradoiros sobre Orientación Laboral e Técnicas de Oratoria, que se desenvolverán os días 17 e 28 de outubro respectivamente, no sótano da Biblioteca Municipal, en horario de 19 a 21 horas.

A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, está a organizar dous Obradoiros sobre Orientación Laboral e Técnicas de Oratoria, que se desenvolverán os días 17 e 28 de outubro respectivamente, no sótano da Biblioteca Municipal, en horario de 19 a 21 horas.

Están dirixidos á mocidade de entre 18 e 30 anos de idade, co obxectivo de facilitarlles información e formación sobre os recursos que teñen dispoñibles ó seu alcance. Esta actividade conta coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Os interesados poden inscribirse ata o 17 de outubro, na Oficina de Información Xuvenil (OMIX), situada no 1º andar do Concello.

O Obradoiro de Orientación Laboral (17 de outubro) xirará entorno a tres contidos principais:

  • Introducción sobre as técnicas de búsqueda de emprego:   

     -Autoevaluación do candidato –análise DAFO-.
     -Coñecemento do mercado laboral xuvenil: posibles nichos de emprego.
     -Medios para atopar emprego.
     -Programa EMPRENDE da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

  • Ferramentas para a búsqueda de emprego:

     -Currículum Vitae: modelos.
     -Carta de presentación.

  • A entrevista de traballo.

 

O Obradoiro de Técnicas de Oratoria e Comunicación (28 de outubro) consta de cinco partes:

  • O arte de falar en público.
  • A confianza e a seguridade persoal.
  • A voz humana.
  • Técnicas de presentación en público.
  • Elaboración e exposición de discursos ou traballos.

 

A Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida, animou a tódala xuventude do municipio a participar nestos obradoiros. “Temos que aproveitar ó máximo tódolos recursos que temos para a búsqueda de emprego, especialmente nos momentos que estamos a vivir na actualidade. Estos obradoiros contribuirán a facelo, e tamén a mellorar ou completar a nosa formación”, engadíu.