NOVAS

A Oficina de Información Xuvenil de Narón no 2012

Publicado o 31 de Decembro de 2012

A Oficina de Información Xuvenil de Narón

dependente da Concellería de Mocidade e dirixida pola edil Natalia Hermida, está situada na 1ª pranta do edicifio que aloxa ao Concello de Narón, e funciona de luns a venres en horario de 08:00 a 13:30 horas.

Esta oficina é un servicio público e gratuito que ofrece información e asesoramento sobre temas que lle interesan á xuventude: emprego, saúde, obradoiros, becas, asociacionismo... Para máis información sobre a OMIX podedes consultala aquí: http://dameuntoke.naron.es/es/omix .

Como rematou o ano 2012 fixeron balance do seu traballo.

Neste ano atendeu un total de 4.611 consultas de mozos/as do municipio (1.866 homes e 2.745 mulleres).

As preguntas formuláronse por varias vías:

  • Presencialmente (a OMIX ubícase na 1ª pranta do Concello, e funciona de luns a venres en horario de 8:00 a 13:30 horas).
  • Por teléfono (981 33 77 00- extensión 1103).
  • Por correo electrónico (omix@naron.es).
  • A través da web (http://www.dameuntoke.es).

Respecto ós temas consultados, destacan os estudios e formación, o emprego, e as bolsas de axuda. Os usuarios da OMIX tamén solicitaron información sobre os campamentos e viaxes, idiomas, premios e concursos, o carnet xove (que pode tramitarse a través desta oficina), formación ocupacional, e programas da dirección xeral de Xuventude da Xunta.

A Concellería de Mocidade mantén abertos varios canais para achegar información ó público xuvenil. Un deles é a nosa revista semestral: Dameuntoke, da que xa tense editado o nº7, cunha distribución de 1.000 exemplares entre os centros de ensinanza secundaria e edificios municipais de Narón.

Tamén está operativo o portal web Dameuntoke.es que neste ano rexistrou un total de 7.619 visitas, e as redes sociais de Facebook e Twitter, con 3.238 e 92 seguidores respectivamente.

Ademáis, a Casa da Mocidade ten abertas as aulas de ensaio, que foron empregadas por máis dunha ducia de grupos durante este ano, e a Escola de Música Moderna, cunha media de  35 alumnos ó ano.

Sen dúbida moito traballo, feito con moita ilusión para mantervos informados!