NOVAS

A Oficina Municipal de Información Xuvenil atendeu un total de 2.300 consultas no que vai de ano 2014.

Publicado o 08 de Xullo de 2014

A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de presentar o resume semestral da actividade rexistrada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), correspondente ó período de xaneiro a xuño de 2014.

Cales son os nosos números neste semestre?

 

  • A OMIX atendeu un total de 2.300 consultas presenciais feitas polos usuarios deste servizo
  • 600 realizadas por correo electrónico
  • 30 a través desta web.

 

Das consultas feitas en persoa podemos sinalar como datos interesantes:

 

  • 1.000 foron formuladas por homes
  • 1.300 por mulleres. 
  • A maioría da poboación atendida sitúase na franxa de idade de persoas maiores de 30 anos (39,13%) seguido do colectivo de 20 a 29 anos (26,30%). O resto, correspóndese cos colectivos de 15 a 19 anos (25,86%) e menores de 14 anos (8,69%).

 

Cales son os temas polos que máis nos preocupamos?

 

  • A maioría das cuestións formuladas foron referentes ó Emprego (810)
  • Bolsas e Axudas (599)
  • Estudios e Formación (580)
  • Programas da Dirección Xeral de Xuventude (362)
  • Carnés (199),
  • Campamentos e Viaxes (142)
  • Formación Ocupacional (125)
  • Idiomas (90)
  • Voluntariado (40)
  • Premios e Concursos (28)
  • Asociacionismo (20).

 

Onde estamos? A OMIX está situada no 1º andar do Concello e abre en horario de atención ó público, de luns a venres de 8:00 a 13:00 horas. Tamén pódese contactar por correo electrónico (omix@naron.es) ou por teléfono (981 33 77 00- ext. 1103).

Ollo, que fixemos máis cousas, eh! Ademáis das consultas dos usuarios, a OMIX levou a cabo outras actividades:

 

  • Escola de Música Moderna, na que se imparten clases de batería, baixo, guitarra, e iniciación á música e conta con 30 alumn@s
  • Aulas de ensaio para grupos noveis, que conta con 7 grupos, cun total de 27 componentes.
  • XII Encontro Local da Mocidade, no que participaron 600 moz@s.
  • Páxina web da Concellería de Mocidade cun total de 9.691 visitas.
  • Redes sociais: Facebook de Dameuntoke conta con 3.739 seguidores e Twitter outros 581.