Tendo en conta o número de grupos atendidos, e o promedio de 3 persoas por grupo –das que unha entraba na Oficina e o resto agardaba na porta- o resultado é de 798 persoas atendidas neste período de tempo.
A Concellería de Turismo do Concello de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez Casal, mantivo aberta a Oficina Municipal de Turismo –situada no parque fluvial de Freixeiro- durante os meses de verán. Neste período de tempo pasaron por este lugar un total de 266 persoas, que solicitaron información sobre o municipio.
Tendo en conta o número de grupos atendidos, e o promedio de 3 persoas por grupo –das que unha entraba na Oficina e o resto agardaba na porta- o resultado é de 798 persoas atendidas neste período de tempo.
Sobre a procedencia das visitas, a maior parte das persoas procedían de Narón (166 persoas, o que supón un 62% do total) aínda que tamén acudíu a este punto de información xente da comarca de Ferrolterra (13 persoas), do resto de Galicia (11 persoas) e de distintos lugares de España –sobre todo de Madrid, Cataluña e Andalucía- (58 persoas). Ademáis, rexistráronse 18 persoas extranxeiras (11 delas procedentes de Europa, e outras 7 persoas de América do Sur).
O perfil do demandante de información turística é o de unha persoa de entre 40 e 60 anos de idade (102 persoas, do total) ou da franxa entre 20 e 40 anos (91 persoas). A maioría son residentes en Narón (63,53%, 169 persoas do total) e outros acudiron a pasar unha xornada (12%, 32 persoas), mais de 15 días (9%, 24 persoas), unha semana (10%, 27 persoas), e o resto entre un fin de semana e 15 días.
En canto á información demandada por estas persoas, Mª del Mar Gómez explicou que a maioría deles solicitaron detalles sobre lugares turísticos do municipio (o 45% do total, 120 persoas), e mapas callejeros de Narón (13%, 36 persoas), ademáis de preguntar por rutas de sendeirismo (4%, 11 persoas) e cicloturismo (7,5%, 20 persoas), o Camiño de Santiago e o Camiño de San Andrés de Teixido, e a programación de actividades culturais do Concello (4%, 11 persoas).