NOVAS

"Os mellores monólogos" do actor galego Carlos Blanco

Publicado o 11 de Maio de 2017

O actor e presentador pontevedrés Carlos Blanco estará o sábado día 13, no Pazo da Cultura de Narón, donde interpretará "Os mellores monólogos".

O actor e presentador pontevedrés Carlos Blanco estará o sábado día 13, no Pazo da Cultura de Narón, donde interpretará "Os mellores monólogos". A cita, vai dirixida ao público adulto, terá lugar a partir das 20.00 horas e as persoas interesadas en asistir poden xa adquirir as súas entradas na billeteira do Pazo ou a través da páxina web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. O prezo é de 9,50 para o público xeral; e de 6.65para abonados, menores de 14 anos ou desempregados.

O espectáculo ten unha duración aproximada dunha hora, un tempo no que o público gozará do traballo de Carlos Blanco, con risas garantidas desde o inicio do mesmo. Nesta comedia o actor galego resumirá trinta anos da súa traxectoria profesional. Unha taxectoria que o levou ao mundo da interpretación e tamén a presentar varios programas de televisión.

No seu dilatado currículo Blanco conta, entre moitos outros traballos, cunha colaboración no ano 2006 na película “Volver”, do cineasta Pedro Almodóvar; presentou case unha decena de programas da TVG desde mediados da década dos 80; actuou en varias series televisivas de canles autonómicas e nacionais e tamén en numerosas obras de teatro.

Así mesmo, Carlos Blanco estivo nominado aos Premios Mestre Mateo en tres ocasións, gañando o do Mellor interpretación masculina secundaria no ano 2005 pola película "Heroína" e tamén se alzou no ano 2013 co do Mellor actor no Fesstival de Cine de Alacante pola obra "Desayuno con diadema".