NOVAS

Os nenos de Narón pintan “de luxo” a auga

Publicado o 21 de Xuño de 2011

Seguindo o lema da IV Edición do Concurso de Debuxo Infantil de Cosma, ‘A auga, o luxo mais transparente”, os escolares de Narón presentaron 278  traballos ao certame deste ano.

Seguindo o lema da IV Edición do Concurso de Debuxo Infantil de Cosma, ‘A auga, o luxo mais transparente”, os escolares de Narón presentaron 278  traballos ao certame deste ano.

Xa se pode consultar a lista de gañadores e finalistas do concurso nas oficinas de Cosma e na páxina web www.cosmanaron.es.

O auga foi, un ano mais, a protagonista entre os debuxos dos nenos de Narón. 278 escolares presentaron os seus traballos na IV Edición do Concurso Anual de Debuxo Infantil de Cosma.

Dende o Concello e a Xerencia de COSMA, dáse os parabéns aos participantes, que “melloran cada ano a calidade dos seus debuxos, representando a auga como un ben moi prezado que temos que coidar, como un luxo do que dispoñen nos seus fogares”, cumpríndose desta maneira as metas marcadas pola empresa con esta iniciativa.

Este ano, o lema “A auga, o luxo mais transparente” chama a atención sobre varios aspectos, ligados tanto ao carácter do propio recurso como á súa xestión. Cosma proporciona o subministro de auga de calidade e en cantidade aos veciños de Narón. “Gustaríanos que o mensaxe lanzado por nosoutros chegara desde os mais mozos – a través dos seus debuxos – ata o conxunto da sociedade”, conclúe José Manuel Marcote.

O Concurso de Debuxo infantil de Cosma, celebrado co motivo do Día Mundial da Auga (22 de marzo) converteuse nunha iniciativa moi ben acollida polos colexios e os seus alumnos, facendo posible levar o coñecemento da auga ás aulas para beneficio da sociedade e o medio ambiente.

Por todo isto, o Concello de Narón e Cosma séntense especialmente orgullosos do certame e agradece a implicación e esforzo dos nenos e profesores da cidade.

Para mais información:
www.cosmanaron.es