NOVAS

Os nenos e nenas da zona rural interesados en realizar a acción formativa de “Programación e robótica educativa” dispoñen aínda de vacantes para inscibirse

Publicado o 12 de Xuño de 2017

As nenas e nenos en anotarse na acción formativa “Programación e robótica educativa”, do programa municipal educativo “Indi-Informática Divertida”, convocado desde a Concellería de Novas Tecnoloxías, dispoñen aínda de vacantes na zona rural.

As sesións diríxense a rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos e o período de inscrición rematará o vindeiro 23 de xuño. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición, tal e como recordou a edil responsable da área, Natalia Hermida.

Esta acción formativa consta dun total de 70 horas, nas que os asistentes abordarán temas como a “Iniciación á programación de videoxogos”; “Creación de blogs para nen@s”; “Creación de cómics dixitais” e “Hour of code"".

As entidades veciñais de Sedes, Pedroso, Castro, Doso, O Val, San Mateo e San Xiao son as encargadas de tramitar as inscricións para a realización desta acción formativa na zona rural. As sesións impartiranse nos locais sociais das entidades e será preciso a formación dun grupo cun mínimo de persoas para que se realicen. Para anotarse é preciso cubrir unha instancia xenérica e un anexo (II) asinado, podendo descargar ambos documentos da páxina web do Concello: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/programacion-e-robotica-educativa-INDI.

Esta mesma acción formativa convócase tamén na zona urbana, debendo cumplimentar as persoas interesadas os mesmos documentos e entregándoos no Rexistro do Concello, de luns a venres en horario de 8.30 a 13.00 horas, en lugar de tramitalo desde as entidades veciñais, como é o caso da zona rural. No núcleo urbán as sesións desenvolveranse na Aula Cemit de Xuvia

Para recibir máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 1517).