O Concello de Narón ven de establecer o prazo oficial para abonar o coste anual do servizo de aluguer de bicicletas, Naronroda, que foi gratuito durante estos últimos catro meses do ano 2011.
O Concello de Narón ven de establecer o prazo oficial para abonar o coste anual do servizo de aluguer de bicicletas, Naronroda, que foi gratuito durante estos últimos catro meses do ano 2011.
Así, os 1.424 usuarios deste servizo deberán pagar o coste anual da súa tarxeta entre os días 2 e 15 de xaneiro, para poder facer uso do servizo durante o ano 2012. Establécense dúas maneiras de realizar o pago: mediante ingreso na caixa do Concello (situada na pranta baixa da Casa Consistorial) ou ben en calqueira oficina de Novagalicia Banco.
Existen dúas tarifas para os usuarios: 10€ para aqueles de 12 a 18 anos de idade, e 20€ para os maiores de 18 anos.
Na actualidade, existen nove estacións de préstamo de bicicletas en Narón, con capacidade total para 76 ciclos. Están situadas nos seguintes puntos do municipio:
- Centro Saúde (Rúa 25 de xullo) 12 bicicletas.
- Praza da Gándara (Rúa Vilalba) 12 bicicletas.
- Odeón (Avda. Cataluña) 12 bicicletas.
- Pista polideportiva Sta. Icía (Rúa Francisco Pizarro) 12 bicicletas.
- Estrada de Castela, rotonda de Freixeiro (Oficina de Turismo) 12 bicicletas.
- Estrada de Castela (diante da escola infantil de Piñeiros) 8 bicicletas.
- Paseo marítimo de Xuvia (colexio Ponte de Xuvia) 8 bicicletas.
- Estrada de Cedeira, punto quilométrico 0,900 (Institutos) 12 bicicletas.
- Polígono Río do Pozo (Avenida Bernardo Romero, diante de Protección Civil) 8 bicicletas.
O sistema de aluguer de bicicletas permite o seu uso contínuo durante duas horas, podendo retirala de novo transcurridos cinco minutos. O horario deste servizo é o seguinte: entre as 7:30 e as 21:30 h de luns a sábado; e entre as 10:00 e as 21:30 h os domingos e festivos.