"Culturetas" e "culturetos" de Narón! A nós que nos "molan" cousas tales coma o teatro, os monólogos, a música, a zarzuela, a maxia, a danza e mesmo o circo...Estamos de noraboa!! Por que?...
A nós que nos "molan" cousas tales coma o teatro, os monólogos, a música, a zarzuela, a maxia, a danza e mesmo o circo...Estamos de noraboa!! Por que?...
Porque o Padroado de Cultura do Concello de Narón ven de presentar a programación cultural do último trimestre do 2014, que se desenvolverá do 19 de setembro ó 27 de decembro no Pazo da Cultura. Mirade, mirade...
Programación cultural de setembro a decembro de 2014:
- SETEMBRO
Venres 19 e sábado 20: Comedia: “Diálogo do can e seu amo sobre a necesidade de morderlles aos amigos” de Teatro do Morcego. Estrea. Botámoslle un ollo á web do Padroado a ver de que vai esto? Clica aquí.
Sábado 27: Comedia: “Demolición” de Talía Teatro. + info!
- OUTUBRO
Xoves 2: Concerto de “Milladoiro + Tiruleque”. Esta xente de Milladoiro sónavos de algo, non si? Estes de Tiruleque?
Sábado 4: Monólogos: “Noites de retranca” de Rababiero Producións con Celso Sanmartín, Cándido Pazó y Carlos Blanco. + info
Venres 10: Teatro: “Kathy y el hipopótamo” de Teatro Español. Protagonizada pola actriz e cantante Ana Belén. + info
Sábado 11: Concerto: “Son de Seu + Bellón Maceiras”. Música da nosa bisbarra que percorre o mundo... +info
Domingo 12: Teatro Infantil: “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas” do Centro Dramático Galego. +info
Venres 17 e sábado 18: Comedia: “Selección natural” de Teatro do Noroeste. Estrea. + info.
Xoves 23: Música pop: “La canción del bolsillo roto” de Marcos Mella Trío. + info
Sábado 25: Comedia: “Qfwqf, una historia del universo” de Meridional Producciones. + info
Venres 31: Teatro clásico: “Cyrano” de Teatro Galileo. Estrea. + info
- NOVEMBRO
Sábado 1: Teatro clásico: “Cyrano” de Teatro Galileo.
Xoves 6: Música Folk Tradicional: “Sotaque” con José Manuel Budiño. + info
Domingo 9: Danza contemporánea: “Constelaciones” de Aracaladanza. + info
Xoves 13: Música celta: “Mar Maior” con Luar na Lubre. + info
Xoves 13: Comedia “Misterio cómico” de Teatro do Morcego (Café Teatro do Pazo). + info
Sábado 15: Danza: “Comunicando-incomunicando” de Kukai Dantza. + info
Domingo 16: Clown: “Alegría, palabra de Gloria Fuertes” de Teatro de Malta. + info
Domingo 23: Comedia: “Xango (a moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina) de Talía Teatro. Queres ver un vídeo?
Venres 28: Maxia-ilusionismo: “Manifesto” de Martín Varela. Este rapaz é un mago da nosa bisbarra! Fará desaparecer o Pazo? + info
Sábado 29: Teatro-circo: “Cabaret Elegance” de Elegants. + imaxes
- DECEMBRO
Xoves 11 e venres 12: Comedia: “Decamerón, historias para tempos ruíns” de Abrapalabra Creacións Escénicas. + info
Sábado 13: Maxia: “Os anos 80 vistos polo mago Teto” co Mago Teto. + info
Xoves 18: Música Gospel: “Mississippi Mass Choir” de Conciertos del Norte. + info
Venres 19: Zarzuela: “Antología escénica de la Zarzuela” da Compañía Lírica de Galicia. + info
Sábado 27: Comedia: “A idade da pavía” de Sarabela Teatro. + info