Xuventude pon en macha unha nova edición de Outono Xove durante os meses de novembro e decembro en distintos albergues xuvenís e outras instalacións do territorio galego e nos Espazos Xoves.
Por segundo ano consecutivo, a Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición de Outono Xove, un programa de educación non formal con actividades formativas e de lecer para a mocidade galega durante os meses de novembro e decembro en dous tipos de espazos diferentes:
1. Durante as fins de semana en distintos albergues xuvenís e outras instalacións do territorio galego.
2. De carácter semanal nos 12 Espazos Xoves dependentes da Consellería de Política Social e Xuventude.
Trátase dunha actuación da Xunta de Galicia co financiamento do Ministerio de Igualdade, en desenvolvemento do Plan Corresponsables.
1. FINS DE SEMANA EN ALBERGUES XUVENÍS
As actividades comezarán a partir do 11 de novembro. Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30 anos.
Ofértanse 880 prazas nos 10 programas que conforman a actividade, cun máximo de 20 prazas en cada unha das opcións e fins de semana.
A cota de participación será de 25 euros. Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo. As persoas participantes aboarán, nestes casos, 18,75 euros.
MOI IMPORTANTE: O prazo de inscrición comezará o día 2 de novembro ás 10.00 horas e será mediante formulario en liña. No formulario só se poderá elixir unha quenda. As prazas asignaranse por estrita orde de chegada dos formularios.
+ Formulario de inscrición de 14 a 17 anos
+ Formulario de inscrición de 18 a 30 anos
Consulta aquí a toda a información do programa
2. PROGRAMACIÓN ESPAZOS XOVES
Esta programación, totalmente gratuíta, inclúe doce tipos de actividades presenciais vinculadas a diferentes ámbitos:
-Catro deles desenvolveranse aos sábados: escape room, break dance, obradoiro de cine, xogos de mesa.
-Os oito restantes realizaranse de martes a venres, segundo o calendario que se especifica para cada Espazo Xove: rap, danza moderna, xadrez creativo, xadrez, maquillaxe artística, robótica, teatro, ciencia.
As actividades están dirixidas á mocidade da contorna de cada Espazo Xove entre 12 e 18 anos. Terán preferencia aqueles con idades comprendidas entre os 12 e os 16.
Cada persoa poderá inscribirse en cantos obradoiros queira, tendo en conta que algúns teñen varias sesións encadeadas ao longo do período do programa. A inscrición será no propio Espazo Xove a través das súas canles de comunicación habituais (presencial, telefónica ou electrónica).
Consulta aquí o detalle da programación de cada Espazo Xove