Nesta convocatoria participarán arredor de 1.500 persoas, a maioría delas veciños/as da parroquia, e membros da asociación “Os Irmandiños” e da asociación de mulleres “Zarabanda”.
A parroquia de O Val, concretamente o lugar de Vilasuso, recreará este sábado 18 de xuño a 14ª edición das Lendas da Pena Molexa. Trátase dunha recreación da historia dunha Pena que se convirte en fada ou doncella na noite do solsticio de verán e das Penas que se convirten en guerreiras/os co seu señor do Castro de Vilasuso, nesa mesma noite.
Nesta convocatoria participarán arredor de 1.500 persoas, a maioría delas veciños/as da parroquia, e membros da asociación “Os Irmandiños” e da asociación de mulleres “Zarabanda”.
O programa deste ano ten coma principal novidade a celebración dunha Feira de Artesanía, a partires das 10:00 horas. Complétase coa realización de xogos populares e deporte rural, unha churrascada popular (a base de Churrasco Molexo, ó prezo de 8€, e Bocata Lopeso, 3€) e a actuación do grupo Boreal.
A continuación, entorno ás 00:00 horas se levará a cabo a tradicional recreación das Lendas da Pena Molexa, a cargo da asociación “O Aturuxo de Melpómene” e baixo a dirección do ex alumno da Escola de Teatro de Narón, Leandro Lamas. Ó finalizar realizarase unha lumieira e haberá repichoca de música tradicional.