NOVAS

A parroquia de San Mateo celebrará o vindeiro sábado a Festa dos Callos

Publicado o 30 de Abril de 2019

A Agrupación Veciñal de San Mateo organiza unha nova edición da Festa dos Callos, que terá lugar o vindeiro sábado, día 4, no local social da parroquia

 O Concello de Narón colabora con esta cita gastronómica, na que as persoas que o desexen poderán degustar no local social racións de callos, elaborados de xeito tradicional pola veciñanza da parroquia, a partir das 12.30 horas. 

O precio das racións de callos, acompañados de pan, bebida e café, é de sete euros e os tickets estarán á venda ese mesmo día no local social de San Mateo. En total cociñaranse unhas trescentas racións, que se servirán nunhas cuncas deseñadas especialmente para esta Festa dos Callos.