Xa temos plan para este sábado pola tarde: unha cita coa ONG Lena.
A Praza de Galicia acollerá este sábado 22 de setembro a 12ª edición dos Xogos Solidarios da ONG Lena, con sede en Narón. Esta actividade desenvolverase a partires das 16:30 horas (no caso de choiva, trasladarase ó Pavillón da Mocidade de A Gándara) e conta coa colaboración da Concellería de Mocidade e a Concellería de Deportes de Narón.
Haberá xogos e deportes para tódalas idades (brilé, pano, chapa, corda, carreira de sacos, tiro de corda, zancos, aros, tiro con arco, baloncesto 3x3, futbolín, xogos infantís) e un obradoiro de construcción de xoguetes. Ao finalizar a xornada, entorno ás 19:30 horas, farase entrega de agasallos ós participantes.
Os Xogos Solidarios da ONG Lena teñen dous obxectivos. Por un lado, se trata de recuperar os espazos públicos como lugares de encontro e lecer, fomentando a práctica de xogos populares, e valores coma a solidariedade ou a participación. E ó mesmo tempo, buscan dar a coñecer o traballo que a ONG Lena está a desenvolver entre nen@s e moz@s cunha situación económica e social moi precaria na cidade de LenÇois (Bahía-Brasil). Alí estase a colaborar nun proxecto educativo que pretende actuar contra as causas estruturais da pobreza, propiciando o desenvolvemento social da poboación.
Se queredes saber máis desta ONG: http://onglena.wordpress.com/