NOVAS

A Praza de Galicia acolle mañá a 11ª edición dos Xogos Solidarios da ONG Lena, nos que colabora o Concello

Publicado o 25 de Maio de 2012

A Praza de Galicia acollerá mañá sábado 26 de maio a partires das 16:30 horas a 11ª edición dos Xogos Solidarios da ONG Lena, que no caso de choiva se trasladarán ó Pavillón da Mocidade de A Gándara.

O Concello de Narón colabora nesta iniciativa, na que haberá xogos para tódalas idades: brilé, pano, chapa, corda, tiro de corda, carreira de sacos, zancos, aros, baloncesto 3x3, futbolín, xogos infantís, e ata un obradoiro de construcción de xoguetes. Ao remate da xornada, sobre as 19:30 horas, se entregarán agasallos ós participantes.

A ONG Lena pretende acadar dous obxectivos con estos Xogos Solidarios: por un lado, recuperar os espazos públicos como lugares de encontro e de lecer, fomentando a través dos xogos a recuperación de valores como a solidariedade ou a participación. E por outro, dar a coñecer o traballo que a ONG Lena desenvolve entre nen@s e moz@s cunha situación económica e social moi precaria, na cidade de LenÇois (Bahía-Brasil). Ahí estase a colaborar no desenrolo dun proxecto educativo que pretende actuar contra as causas estruturais da pobreza, propiciando o desenvolvemento social da poboación.

Por outro lado, a ONG Lena está a organizar tamén a 8ª Cea-Festa Solidaria que se celebrará o sábado 9 de xuño no CPI do Feal, co fin de recaudar fondos para o mesmo proxecto. O prezo das entradas para a cea é de 30€, e existe tamén a opción de asistir á festa posterior (comprando a entrada correspondente ó prezo de 6€) que dará comezo ás 23:00 horas e estará amenizada por un grupo musical. 

Para máis información, podedes visitar a web da ONG Lena: www.onglena.org. Ou ben contactar nos teléfonos 981 397 005 ou 626 165 174, ou por correo electrónico no enderezo onglena@onglena.org