A Concellería de Feiras e Mercados de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, está a colaborar na organización do I Mercado de Época, que levará a cabo a empresa Fusión Medieval os días 3, 4 e 5 de xaneiro de 2012.

Esta feira se celebrará nunha carpa instalada na Praza de Galicia, en horario de mañá e tarde (de 11:30 a 15:30 e de 17:00 a 00:00 horas. No seu interior recrearase a vida nun pobo típico do ano 1900, no que haberá unha trintena postos de artesanía e alimentación, ademáis de zonas para os pequenos, animación e música. Todo elo, acompañado de persoaxes figurantes de época, como un carteiro, unha pescadora, un cura, emigrantes, e gardas civís.
Esta é a segunda vez do ano na que se organiza unha feira ambientada noutra época, xa que durante o pasado verán o paseo fluvial de Freixeiro acolleu un Mercado Medieval.