NOVAS

Prazas para persoas colaboradoras-bolseiras nas residencias xuvenís

Publicado o 05 de Maio de 2015

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca 15 prazas para persoas colaboradoras-bolseiras nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso académico 2015/2016.

Cantas prazas hai dispoñibles?

  • Lugo: Centro Residencial Xuvenil LUG terá 4 prazas.
  • Ourense: Florentino L. Cuevillas contará con 5 prazas.
  • Vigo: Altamar disporá de 6 prazas.

 

Cales son os requisitos para solicitar as prazas?

  1. Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da UE, ou ser extranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
  2. Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 na data do 31 de decembro do ano en curso.
  3. Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior, que admitan polo seu contido e saídas profesionais, a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.
  4. Ter unha renda media familiar que non supere o 150% do IPREM do ano en curso.
  5. Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador/a por causa imputable á persoa solicitante.
  6. Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.

 

Que é o IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples)? É un índice empregado en España como referencia para a concesión de axudas, bolsas, subvencións ou subsidio de desemprego. Para o 2014 fixouse en 532'51€ mensuais.

Ata cando está aberto o prazo para as solicitudes? O praxo estará aberto ata o 4 de xuño de 2015.

Onde se tramitan as solicitudes?  Poden tramitarse en https://sede.xunta.es

RESIDENCIAS: