NOVAS

Prazo de presentación de candidaturas para os Premios Nacionais de Xuventude ata o 17 de xullo

Publicado o 10 de Xuño de 2014

Os Premios Nacionais de Xuventude son os que se lle conceden ós mozos menores de 30 anos, e cos que se quere estimular e recoñecer a traxectoria e o esforzo, dos mesmos, que coa súa dedicación no seu traballo e a súa implicación persoal, poñen de manifesto o seu compromiso en distintos ámbitos da sociedade.

Concederase un único premio de 3.000€ en cada unha das catro categorías que son:

 

  • Iniciativa emprendedora en materia de emprego
  • Comunicación intercultural
  • Voluntariado
  • Igualdade

 

O prazo de presentación de candidaturas remata o 17 de xullo. A solicitude debe ser presentada pola organización ou entidade que presenta a candidatura do mozo ou moza proposto para o premio.

Na seguinte ligazón quedan dispoñibles os anexos e a solicitude necesaria para participar en dita convocatoria: http://www.injuve.es/conocenos/noticia/premios-nacionales-de-juventud-2014