Eo! Xa están convocados os Premios Nacionais de Xuventude deste ano!
Estes premios están convocados polo INJUVE, o Instituto da Xuventude, e queren ser un recoñecemento ao traballo desenvolvido pola xente nova. A finalidade é estimular e por en valor a traxectoria e o esforzo extraordinarios daqueles novos e novas que poñen de manifesto o seu compromiso coa sociedade dende diferentes ámbitos.
Hai un só premio para cada unha destas categorías:
- Iniciativas emprendedoras en materia de emprego.
- Comunicación intercultural.
- Voluntariado.
- Igualdade.
Quen pode resultar premiado? Mozos e mozas de nacionalidade española, ou con residencia legal en España, que non teñan máis de 30 anos na data na que finalice o prazo para a presentación das candidaturas.
Hai un prazo? Si, claro. Tedes de prazo ata o 12 de xuño deste ano
A documentación? Ademáis da solicitude da candidatura, haberá que presentar unha memoria cunha intro na que a Organización, Institución ou Corporación que presente a candidatura deberá explicar o porqué da devandita candidatura que presenta e respalda. Despois da intro expoñerase a descrición da actuación concreta realizada polo candidato/a.
Se queredes máis información sobre estes premios: www.injuve.es ou no BOE do 3 de maio de 2013.