NOVAS

Problemática en materia escolar e ensino en Narón

Publicado o 05 de Maio de 2011

El concello de Narón presentou a Jesús Oitavén un documento sobre a problemática en materia escolar e ensino en Narón. Este informe establece que Narón acumula un déficit de prazas escolares superior ó 20% do total (xa que máis de 1.000 alumnos/as están escolarizados fora do municipio, en Infantil, Primaria e Secundaria).

El concello de Narón presentou a Jesús Oitavén un documento sobre a problemática en materia escolar e ensino en Narón. Este informe establece que Narón acumula un déficit de prazas escolares superior ó 20% do total (xa que máis de 1.000 alumnos/as están escolarizados fora do municipio, en Infantil, Primaria e Secundaria).

Tamén resulta necesario dar resposta ó crecemento demográfico da zona do Alto, A Gándara, A Solaina e Freixeiro, que supera continuamente a oferta escolar existente. Ademáis, a formación profesional (FP) non tén a súa oferta adaptada ó ratio de poboación, xa que Narón ten 39.000 habitantes e tan só 2 especialidades en FP. A todo esto hai que unirlle o feito de que cada ano a poboación de Narón increméntase nunha media de 1.000 persoas.

Dende o Concello, tamén se explicou á Xunta a situación dos colexios e centros de ensino de Narón, moitos dos cales precisan reformas ou reparacións. “Sabemos que non son obras que podan realizarse nun ano, pero estaríamos dispostos a colaborar entre ambas administracións asinando un acordo marco, que contemplase, en catro ou oito anos, as actuacións a realizar e a inversión que se aplicaría en cada una das obras”, declarou o Alcalde.

As principais necesidades expostas na reunión foron as seguintes:

  • Ampliación ou renovación do edificio escolar do CRA (O Val) por ser insuficiente para albergar ó alumnado.
  • Ampliación ou nova construcción do CEIP Ponte de Xuvia e supresión do edificio vello por non axustarse á normativa de accesibilidade.
  • Valorización e adaptación do CEIP Virxe do Mar.
  • Construcción de novo edificio para ampliación do centro escolar do Alto.
  • Construcción do comedor escolar do CEIP de Piñeiros.
  • Convenio para a renovación da eficiencia enerxética dos edificios escolares de Narón e mantemento de centros.