NOVAS

PROEMGA 2 - Programa de formación e acompañamento para a mellora do emprendemento xuvenil en Galicia (2ª edición)

Publicado o 24 de Xullo de 2017

PROEMGA 2 é un programa a executar pola Fundación Galicia Innova e financiado pola Fundación INCYDE e o Fondo Social Europeo

A Fundación Galicia Innova, é unha organización sen ánimo de lucro, constituída no ano 2003 que leva traballando no ámbito da mellora da empleabilidade dos mozos e mozas desde o ano 2009 ao amparo de diferentes axudas por parte do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, a Xunta de Galicia e outras organizacións gobernamentais e non gobernamentais. O ano pasado o programa PROEMGA en Galicia obtivo uns excelentes resultados sendo o % de empleabilidade dun 56,14% aos dous meses da finalización do mesmo.

Este ano repítese a experiencia co programa PROEMGA 2, que na súa segunda edición será desenvolvido nas localidades de Lugo, Ferrol e Narón, Santiago e Vigo. O obxecto do proxecto é o de mellorar a inclusión ao mercado laboral de mozos menores de 30 anos destas localidades, que non se atopan empregados nin participan nos sistemas de educación ou formación  e que estean rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

O proxecto consta de 4 fases ben diferenciadas nas cales se potenciarán as capacidades persoais e de autoemprego dos mozos, mediante a motivación, a formación grupal e individualizada e o mentoring.

  1. Toda a información está dispoñible na páxina web do proxecto: www.fundaciongaliciainnova.org/proemga