NOVAS

Programa de Formación e Acompañamento para a mellora do emprendemento xuvenil (PROEMGA). 2ª Edición

Publicado o 30 de Agosto de 2017

O obxectivo do proxecto é mellorar a inclusión no mercado laboral de 80 mozos e mozas menores de 30 anos

Nesta 2ª edición será levado a cabo nas localidades de Lugo, Ferrol (Ferrolterra), Santiago e Vigo. O obxectivo do proxecto é mellorar a inclusión no mercado laboral de 80 mozos e mozas menores de 30 anos das localidades anteriormente descritas, que non están empregados nin participan nos sistemas de educación ou formación e que estén rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

O programa, totalmente gratuito, consta de 4 fases ben diferenciadas nas cales se potenciarán as capacidades personais e de autoemprego dos mozos e mozas, mediante a motivación, a formación grupal e individualizada e o mentoring.

OBXETIVOS DO PROGRAMA

  • Fomentar a cultura emprendedora e intraemprendedora.
  • Favorecer a transformación de ideas en proxectos concretos.
  • Facilitar a incorporación ao mercado laboral.

 

EN QUÉ CONSISTE

Consta de 4 fases descritas a continuación:

FASE 1: TALLERES DE MOTIVACIÓN

 

  • 80 alumnos, 20 por localidade.
  • 4 horas de taller de motivación.
  • Data: Outubro de 2017.

 

FASE 2: FORMACIÓN PRESENCIAL

 

  • 80 alumnos, 20 por localidade.
  • 40 horas de formación grupal.
  • Data: de novembro a decembro de 2017.
  • Módulos formativos:
    • MÓDULO 1: Habilidades (6 horas).
    • MÓDULO 2: Deseño de Servizos e Solucións (6 horas).
    • MÓDULO 3: Modelo de negocio (6 horas).
    • MÓDULO 4: Comunicación e Marketing Dixital (6 horas).
    • MÓDULO 5: Plan de Negocio (12 horas).
    • MÓDULO 6: O Profesional 2.0 (4 horas).

 

FASE 3: TUTORÍAS PRESENCIAIS E ONLINE

 

  • 80 alumnos, 20 por localidade.
  • 8 horas presenciais e 8 horas online individualizadas.
  • Data: de novembro a febreiro de 2018.

 

FASE 4: MENTORING PRESENCIAL E ONLINE

 

  • 80 alumnos, 20 por localidade.
  • Presencial:
    • 4 horas/ 80 alumnos (4 talleres)
    • 8 horas/ 10 alumnos en empresas
  • Online Individualizadas:
    • 4 horas/ 80 alumnos
  • Data: de xaneiro a febreiro de 2018

 

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

 

 

 

 

 

   
Documento Tamaño
PROEMGA 2 - INFORMACIÓN 1.82 MB
PROEMGA 2 - FASES 691.88 KB