NOVAS

Programa de Garantía Xuvenil

Publicado o 18 de Agosto de 2014

"Tes menos de 25 anos? Si. Estudas? Non. Traballas? Non": Este programa vai dirixido a ti!

A Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos mozos menores de 25 anos ao mercado de traballo, recibindo unha oferta de emprego, de educación ou formación tras finalizar os seus estudos ou quedar desempregados.

Para ter acceso a este programa Garantía Xuvenil hai que cumprir estes requisitos:

  • Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suíza que se atopen en España en exercicio da libre circulación e residencia. Tamén poderán inscribirse os estranxeiros titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
  • Estar empadroado en calquera localidade do territorio nacional español.
  • Ter máis de 16 anos e menos de 25, ou menos de 30 anos no caso de persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, no momento de solicitar a inscrición no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  • Non traballar nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Non recibir accións educativas que leven máis de 40 horas mensuais nos 90 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Non recibir accións formativas que leven máis de 40 horas mensuais nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolvan no marco da Garantía Xuvenil.

 

Ademais hai que darse de alta no sistema! Podes facelo tal e como te indican nesta URL: http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/darseAlta.html

Se precisas máis información sobre esta iniciativa podes visitar a web: http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/home.html

Ou descargar a presentación en PDF, que achegamos con esta nova, do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil