NOVAS

Programa de mobilidade transnacional xuvenil. Galeuropa 2016

Publicado o 11 de Abril de 2016

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca o programa de mobilidade transnacional Galeuropa 2016

obxectos das axudas, é a realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas ou entidades, tanto públicas como privadas de países europeos: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, P. Baixos, Polonia, Portugal, Azores, Madeira, R. Checa, R. Unido, Romanía, Suecia, Turquía.

Os obxectivos que se pretenden acadar son:

  1. Incrementar as posibilidades de inserción laboral para a mocidade.
  2. Complementar a competencia profesional e persoal.
  3. Adquirir competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos.
  4. Fomentar a autonomía persoal.

duración das prácticas formativas será polo menos dun mínimo de 2 meses e máximo 4 meses consecutivos. Rematará en todo caso o 20 de novembro de 2016. cun mínimo de 100 horas mensuais.

 

As persoas que poden realizar a mobilidade transnacional comprende, á mocidade non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación, inscrita no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que manteña todos os requisitos de inscrición no momento da selección, agás o de idade.

Requisitos de inscrición no ficheiro do SNGX:

  • Ter máis de 16 anos e menos de 30 no momento de solicitar a inscrición do ficheiro
  • Non ter traballado nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
  • Non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos noventa días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación. No caso de ter finalizada a participación no sistema educativo serán corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores.
  • Non ter recibido accións formativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
  1. Para inscribirse no SNGX: http://garantiaxuvenil.xunta.es 

Proceso selectivo das persoas participantes na mobilidade:

1º. Valoración das solicitudes daqueles mozos e mozas que non participasen noutras convocatorias do Programa de Galeuropa

2º. Só no caso de existir menos solicitudes que prazas, ou de existir crédito suficiente, poderán valorarse as solicitudes de persoas que participasen noutras convocatorias, sempre que respecto de convocatorias anteriores do Programa Galeuropa, sexa distinto o país de destino.

Criterios de selección:

  • Antigüidade no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma,  ata 1,20 puntos.
  • A maior idade fronte a menor, ata 1,20 puntos
  • Test escrito de motivación e participación no programa de mobilidade, ata 2,25 puntos.
  • Casos de violencia de xénero: 1 punto.
  • Persoas en risco de exclusión social: 1,35 puntos

No caso de empates:

  • 1º A puntuación máis alta obtida nos criterios do apartado precedente na mesma orde na que están establecidos.
  • 2º Preferencia ao xénero que teña menor número de solicitudes.
  • 3º Orde de entrada da solicitude.

As axudas concederanse dependendo según sexa para mozos e mozas, entidades sen animo de lucro ou Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. Cada una destas clases ten un código propio asi como un orzamento establecido para cada unha delas. Para máis información descargue los documentos ubicados a final de página.

  1. Presentación telemática en: https://sede.xunta.es/portada, mediante DNI electrónico, certificado dixital ou o sistema Chave 365 https://sede.xunta.es/chave365

CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

  • Mozos/as (BS324A):

O baremo é o indicado no apartado de proceso selectivo das persoas participantes na mobilidade, e ademais 2,25 puntos adicionais se presentan o documento de aceptación da empresa de prácticas antes da selección.

  • Entidades (BS324B, BS324C):

Melloras en recursos humanos , ata 16 puntos.

Melloras na preparación lingüística da mocidade participante, ata 14 puntos.

Presentar acordos con entidades socias de acollida xunto coa solicitude, ata 18 puntos.

Número de mobilidades que contén o proxecto, ata 6 puntos.

Duración das prácticas, ata 9 puntos.

Acordo bilateral de colaboración para acoller mobilidades doutras entidades europeas, ata 8 puntos.

Proxectos que teñan como destinatarios/as un 45% de persoas con discapacidade 9 puntos.

  • Nos concellos: Ata 10 puntos adicionais en función do número de mozos/as que teña inscritos no SNGX.
  • Nos proxectos conxuntos, ou de mancomunidades ou fusión de municipios: ata 30 puntos adicionais.

PROXECTOS DE MOBILIDADE (BS324B, BS324C)

  • Máximo un proxecto por entidade solicitante
  • Nº mobilidades por proxecto: mínimo 4 e máximo 20 (agás os proxectos conxuntos que terán como máximo 25 mobilidades).
  • Nº de países de destino por entidade: Máximo 3 (cun grupo mínimo de 4 participantes en cada país)
  • Duración máxima do proxecto: 9 meses. Poderán realizarse as mobilidades en distintos fluxos
  • Requisitos mínimos dos proxectos:
  1. Recursos humanos: cada proxecto contará como mínimo cunha persoa responsable do proxecto e/ou unha persoa que exercerá de mentor. Establécese un mínimo de horas que deben adicar ao proxecto segundo o número de mobilidades.
  2. Preparación lingüística das persoas participantes: mínimo 10 horas
  3. Cada entidade beneficiaria contará cunha entidade socia de acollida en cada país de destino.
  4. Non cabe a subcontratación. A entidade deberá realizar por si mesma a actividade subvencionada.

XUSTIFICACIÓN DA AXUDA: 1 mes dende que remate a mobilidade e máximo o 30 de novembro de 2016.

FINANCIACIÓN: Axudas cofinanciadas pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 91,89%.

NORMA REGULADORA: ORDE do 23 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede a súa convocatoria para o ano 2016. (DOG núm. 67, do venres 8 de abril de 2016).

Consulta máis información no DOG.