A iniciativa diríxese a persoas menores de 30 anos, desempregadas e tituladas en Formación Profesional e Universitarias, rexistradas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
A Concellería de Formación e Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, colabora nun programa de “Formación e acompañamento para a mellora do emprendemento xuvenil no Concello de Narón” desenvolvido pola Fundación Galicia Innova (www.fundaciongaliciainnova.org), respaldado pola Fundación Incyde (www.incyde.org) e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
A quen vai dirixido? A iniciativa diríxese a persoas menores de 30 anos, desempregadas e tituladas en Formación Profesional e Universitarias, rexistradas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Cales son os obxectivos? Entre os seus obxectivos están fomentar o espíritu emprendedor e a cultura emprendedora entre os mozos e mozas. A transformación de ideas en proxectos concretos e facilitar a incorporación ao mercado laboral das persoas beneficiarias están tamén entre os obxectivos desta proposta, que se impartirá a través de itinerarios de emprendemento xuvenil, tal e como recordou Natalia Hermida.
Como hai que inscribirse? As persoas que desexen recibir máis información ou inscribirse poden facelo a través da dirección de mail: formacion@fundaciongaliciainnova.org, do número de teléfono 881 929 102, ou da páxina web www.fundaciongaliciainnova.org/proemga. A organización seleccionará a un total de vinte e cinco candidatos nos concellos de Ferrolterra, dos que quince realizarán finalmente este programa formativo.
O prazo? Tes de prazo ata o vindeiro 23 de setembro.
En que consiste? A fase formativa a desenvolver –nunhas instalacións aínda por determinar- consta de cinco módulos e comezará o 3 de outubro. As temáticas a abordar serán as seguintes:
- Habilidades.
- Estratexia.
- Creación.
- Comunicación.
- Plans de negocio.
En total 32 horas de formación grupal e 16 de titorías individuais.
A fase final, de “mentoring” aos emprendedores, consistirá nun plan de apoio individualizado que consta de cinco sesións para poñer en marcha os diferentes proxectos.