NOVAS

Programa Mentoring Ecommerce III: subvencións do 80%

Publicado o 04 de Agosto de 2014

Rede.es é unha das entidade públicas adscritas ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

Esta entidade anunciou hai uns días a terceira edición do Programa de Axudas Mentoring en Comercio Electrónico. Este programa vai enfocado a PEMES ás que se subvencionará o 80% dos servizos de asesoramento e implantación.

A Confederación Española de Nuevos Empresarios (Ceaje) e a empresa Barrabes desenvolven esta iniciativa, co obxectivo de axudar ás pequenas e medianas empresas a definir aqueles aspectos fundamentais para o éxito no comercio electrónico, como poden ser o plan estratéxico e de comunicación, a seguridade, o control anti-fraude online, a loxística e distribución ou o plan de internacionalización e expansión online, entre outros.

Se o tes claro e queres lanzarte xa podes facer a preinscrición deixando os teus datos de contacto na web Mentoring III & CEAJE: http://mentoringceaje.barrabes.biz/ou por teléfono, no 902 106 185.

Esta é unha boa oportunidade para lanzarnos á aventura do ecommerce!