Ollo xentiña! Hai un novo curso de formación á vista!
A quen vai dirixido? Nesta ocasión é específico, esta deseñado para comerciantes de Narón. Xa sabedes, aquelas persoas que sexades emprededoras, tedes tamén unha boa oportunidade de para vos formar!
Cal é a estrutura desta formación? Vaise desenvolver en 2 fases:
- Teórica: 9 e 11 de abril, na aula CEMIT de Xuvia
- Práctica: no propio comercio de cada participante
Prezo? Este curso ten carácter gratuito. Que ben! :)
Existe algún prazo? O prazo para inscribirse no Rexistro Xeral do Concello permanecerá aberto do 17 ó 28 de marzo, ambos incluídos.
Límite de prazas? Haino: 12 prazas dispoñibles, que se asignarán por rigorosa orde de inscrición. No caso de existir unha forte demanda, o Concello estudiará a posibilidade de organizar unha segunda edición do mesmo.
Que se vai aprender neste curso? As persoas participantes aprenderán a profesionalizar o seu negocio para poder obter o maior rendemento posible, a través de técnicas de venta coma o marketing, o escaparatismo e as promocións e ventas especiais.