NOVAS

Programa Xuventude Promete 2015

Publicado o 16 de Xaneiro de 2016

Xuventude Promete é un programa da dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que pretende fomentar o emprendemento e o autoemprego entre os mozos e mozas de entre 14 a 18 anos mediante estadías emprendedoras (living lab) de tres días de duración, no albergue xuvenil Lug2, nos meses de febreiro e marzo.

Cal é o obxectivo? Con esta iniciativa preténdese axudar aos participantes a descubrir a súa vocación e talento desde a educación non formal activa.

En que consiste? Trátase dunha actividade multidisciplinar para mozos e mozas que desexen experimentar e crear, baseándose no seu proxecto persoal, fomentado ideas innovadoras a través da creatividade, creando un espazo cristalizador de vocacións.


Cal é o prazo de inscrición? O prazo de inscrición estará aberto do  15 de xaneiro ao 9 de febreiro.

Podedes encher o formulario de inscrición nestas ligazóns:

Descargade máis información aquí: