NOVAS

Prolóngase o prazo de matrícula nas Escolas Culturais Municipais do Padroado da Cultura ata o venres 7

Publicado o 04 de Outubro de 2016

Por mor da elevada demanda que se está a rexistrar, as persoas interesadas disporán dun prazo maior para rexistrar a súa solicitude.

Lembrámosvos que hai para elixir entre 8 Escolas Culturais de corte tradicional do Padroado, en función da idade dos rapaces e rapazas, e ás 4 Escolas Artísticas.

As Escolas tradicionais nas que vos podedes inscribir son:

  • Danza tradicional ou Canto e pandeireta (para nenos e nenas a partir de 5 anos)
  • Gaita ou Percusión tradicional (desde os 6 anos)
  • Acordeón e Zanfona (a partir de 8 anos)
  • Construción de instrumentos (desde os 16 anos) 
  • O Recuncho dos Pequechos (para menores de 3 e 4 anos)

 

As modalidades ofertadas a través das Escolas Artísticas son:

  • Teatro (a partir de 4 anos)
  • Debuxo (desde 6 anos)
  • Cursos de Acceso na Escola de Formación de Actores e Actrices (a partir de 16 anos)

 

As persoas interesadas en asistir a algunha das escolas culturais, tanto de corte tradicional como artístico, poderedes anotarvos:

  • Nas oficinas do Pazo da Cultura
  • Ata este venres, 7 de outubro
  • Horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 e desde as 17.00 ata as 19.00
  • Os sábados de 10.00 a 13.00
  • O prezo é de 63,10 euros ao ano por cada un destes cursos, podendo aprazar o pago as persoas que se matriculen en tres escolas ou máis

 

No caso da Escola de Actores e Actrices, as matriculacións para cada un dos 3 cursos que se imparten teñen un prezo de 208 euros e a actividade de Bailes de Salón, a patir de 4 anos, custa 31,60 euros a matrícula, sendo preciso neste último caso pagar unha cuota de 15 euros ao mes.

Así mesmo, tamén o día 12 abrirá o prazo de matrícula nas escolas de música da Asociación Cultural Musical Sementeira, permanecendo aberto ata o 24 de setembro.

  • Música en movemento (para nacidos no 2010 e 2011)
  • Iniciación á linguaxe musical (no 2009)
  • Linguaxe musical (do 2008 e anos anteriores)
  • Linguaxe musical para adultos
  • Coro infantil (complementario a Linguaxe musical)
  • Harmonía 

A todas elas súmanse tamén as de Especialidade de instrumentos (frauta traveseira, óboe, clarinete, saxofón, fagot, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, violonchelo, contrabaixo e percusión)

Para todas estas actividades as matrículas deberán formalizarse na:

  • Oficina da Asociación Cultural Musical Sementeira –no segundo andar do Pazo da Cultura-
  • De luns a venres entre as 11.00 e as 13.00 e de 17.00 a 19.00
  • Os sábados de 11.00 a 13.00

Os prezos de matrícula son:

  • 68 euros en cada unha das actividades
  • Cuota mensual de 10 ou 20 euros, dependendo da opción elixida (é obrigatorio a cota de socio, de 25 euros anuais)
  • A cota establecida para os instrumentos das clases é de 10 euros ao mes para os nenos e nenas e de 35 euros para os adultos, cunha matrícula tamén de 68 euros

Para recibir máis información chamar ao número de teléfono 699 458 267.