Esta é unha nova iniciativa para fomentar o espírito emprendedor entre os mozos e mozas galegos.Vai dirixida á xuventude entre os 18 e os 30 anos, ten como obxectivo estimular ideas innovadoras de base tecnolóxica que se poidan traducir nun proxecto empresarial.
A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo entrarán a formar parte das case 40 localidades españolas onde está presente este programa da Fundación Banesto, que vai funcionar como un viveiro de formación e asesoramento.
O programa Yuzz pon a disposición dos seleccionados o soporte necesario para desenvolver a súa idea no mercado: unha rede de expertos, formación empresarial, asesorías e titorías personalizadas, unha plataforma de traballo colaborativo en liña, así como todo o soporte administrativo e xurídico preciso en caso de que a súa idea poida materializarse nun proxecto empresarial
Serán un máximo de 80 o número de participantes seleccionados en Galicia. A convocatoria de recepción de candidaturas permanecerá aberta do 17 de setembro ao 31 de outubro
Unha vez finalizado o proceso de formación e asesoramento de sete meses de duración que se realiza en todos os centros Yuzz, os mellores participantes realizarán unha viaxe a Silicon Valley, a meca mundial da innovación no eido das novas tecnoloxías.
Ademais, ao concluír o ano, os tres mellores proxectos de entre todos os finalistas a nivel nacional recibirán unha dotación económica (30.000, 20.000 e 10.000 euros) para colaborar na materialización da súa idea empresarial.
Máis información e inscrición en
http://www.yuzz.org
http://www.yuzz.org/participa
Se tedes unha idea de negocio, ¡este é o voso momento!