NOVAS

¿Queres coñecer os tesouros da Biblioteca Municipal do Alto? Vémonos o 20 de outubro.

Publicado o 11 de Outubro de 2012

A Concellería de Educación e Bibliotecas, dirixida por Mª del Carmen Espada, organiza unha Xornada de Portas Abertas, para maiores de 14 anos, na Biblioteca Pública Municipal o vindeiro día 20 de outubro

Co obxectivo de:

  • Homenaxear e visibilizar o papel das bibliotecas na difusión da cultura e na garantía ao libre acceso a información.
  • Dar a coñecer á mocidade, e cidadanía en xeral, os diferentes tipos de bibliotecas que existen, así coma todos os recursos que estas ofrecen.
  • Fomentar proxectos de colaboración con outras entidades e institucións.

 

¿Non vos parece interesantísimo? Poder coñecer aquelas zonas habitualmente ocultas ós nosos ollos, incluso pode ser que algún segredo agochado dende hai anos vexa a luz nestas visitas. Ademais o 20 de outubro é sábado: ¡non temos escusa!

Esta ruta do tesouro, tamén coñecida como Xornada de Portas Abertas, vaise dividir en tres turnos:

  • 1º turno: de 10:00 a 11:00 horas.
  • 2º turno: de 11:00 a 12:00 horas.
  • 3º turno: de 12:00 a 13:00 horas.

 

¿En que vai consistir? Como xa dixemos, vannos levar por todo o edificio que alberga a biblioteca. En cada espazo vannos explicar as tarefas bibliotecarias que se realizan e que non están á vista do público: selección de fondos, catalogación, preparación física dos documentos, encadernación, arquivo…

Ademáis, nos espazos de libre acceso se darán nocións básicas de organización do fondo bibliográfico e das normas xerais de uso. Se repasarán tamén todos os servizos que a biblioteca ofrece, para aqueles de nós que descoñezcamos algún deles.


¿Cal vai ser a nosa ruta do tesouro...?

Na planta baixa vannos mergullar...
- Os dous espazos de traballo interno, un dos cales alberga o fondo audiovisual.
- O arquivo onde se gardan os materiais e as máquinas plastificadora e encadernadora.


Na primeira planta poderanse investigar misteriosas zonas...
- O depósito de libros que non están en libre acceso pero que teñen a mesma política de préstamo e uso que os que si están.
- O arquivo onde se gardan as publicacións periódicas e os fondos de acceso restrinxido.

E na segunda planta... ¡máis misterios!
-A sala de usos múltiples onde se celebran actividades tan diversas coma presentación de libros, audicións, proxeccións, cursos e obradoiros, charlas…
-Os seminarios de estudio, espazos pensados para a investigación pero que se ofrecen ao público en xeral coma alternativa cando a celebración de actividades interfire co estudio na sala de lectura.

Para poder facer este percorrido é necesario inscribirse previamente, xa que hai un límite de 15 persoas por turno. Apurade porque as plazas otorgaranse por orde de inscrición. Poderase establecer unha lista de espera que, no caso de ser moi numerosa, posibilitará que se establezan novos turnos nas últimas horas do mércores día 24 de outubro.

¿Imos?