NOVAS

Recepción no Concello a David Mouriz, o noso paraolímpico.

Publicado o 01 de Outubro de 2012

O Alcalde, José Manuel Blanco ofreceu unha recepción ó deportista paralímpico naronés David Mouriz, que acadou o 5º posto nos Xogos Paralímpicos de Londres 2012.

Mouriz formou parte da Selección Española de Baloncesto, que se clasificou no 5º posto dos Xogos Paralímpicos. David é natural de Narón, e xoga actualmente no equipo Anfiv de Vigo.

Tanto o Alcalde coma a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, e o resto de representantes da Corporación Municipal felicitaron a David Mouriz, desexándolle moitos máis triunfos deportivos. José Manuel Blanco entregoulle ademáis unha praca conmemorativa desta data.