A parroquia de Sedes acollerá, do 29 ó 31 de xullo, a 13ª edición do Oenach Atlántico, organizado polo Padroado de Cultura do Concello de Narón en colaboración co Grupo de Traballo de Sedes.
A parroquia de Sedes acollerá, do 29 ó 31 de xullo, a 13ª edición do Oenach Atlántico, organizado polo Padroado de Cultura do Concello de Narón en colaboración co Grupo de Traballo de Sedes.
Na organización deste evento están a participar ademáis 120 veciños desta parroquia, que levan seis meses preparando todo o necesario para recrear a vida nunha aldea castrexa. Este evento cultural contará coa visita de máis de 15.000 persoas procedentes de toda Galicia e Portugal, segundo apuntaron os organizadores.
O programa de actividades é o seguinte:
Venres día 29 de xullo:
- 22:30h Recreación parateatral de acendido de lumes e benvida de estandartes de clanes convidado no Oenach
 
- 22:40h Noite de Múseca Galiciana: Noite do acordeón
 
Sábado 30 de xullo:
- 11:00-21:00h
 
          Feira de Artesanía Cerámica Galicia-Portugal.
          Recreación museística de Aldea Castreño.
          Foro Galiciano de Asociacións Rurais.
          Merca-Troco de obxetos usados.
          Mercadiño de artesanía varia.
          Mostra etnográfica.
- 14:30h Xantar de empaña de xurelo lañado, e costela de porco celta ó braseiro
 
- 16:30h Xogos populares e deporte rural.
 
- 22:30h Noite do Castro:Recreación parateatral no Castro de "Eiravedra da obra".
 
- 23:30h Ruada en Placente con repichoca popular.
 
Domingo 31 de xullo:
- 10:00-20:30h
 
          Mostra e Feira do Porco Celta.
          Mostra e Feira do Can de Palleiro.
          Feira de Artesanía Cerámica Galicia-Portugal.
          Recreación museística de Aldea Castreño.
          Foro Galiciano de Asociacións Rurais.
          Merca-Troco de obxetos usados.
          Mercadiño de artesanía varia.
          Mostra etnográfica.
- 12:00h Exhibición de manexo de animais:
 
             -Arrastre de toradas con parellas de vacas e bois.
             -Adestramento de can de palleiro.
- 13:15h Recreación parateatral na Aldea Castreña.
 
- 14:30h Xantar na parcela do Oenach.
 
- 17:30h Xogos populares,deporte rural e arrastre con gando.
 
- 19:30h Carreira Popular do Castro de Eiravedra.
 
- 20:30h Peche do Oenach Atlántico.