NOVAS

A Selección de Vietnam e o Cidade de Narón enfrontaranse o 20 de abril por unha boa causa

Publicado o 15 de Abril de 2014

O Concello de Narón acolleu o pasado luns día 14 a presentación do Partido Benéfico de Fútbol Sala, que enfrontará á Selección Nacional de Vietnam e ó Cidade de Narón de Futsal, o domingo 20 de abril ás 12:00 horas no Pavillón de A Gándara.

O Concello de Narón acolleu o pasado luns día 14 a presentación do Partido Benéfico de Fútbol Sala, que enfrontará á Selección Nacional de Vietnam e ó Cidade de Narón de Futsal, o domingo 20 de abril ás 12:00 horas no Pavillón de A Gándara.

O partido servirá de despedida á Selección Vietnamita, que deixará Narón o día 21, pero tamén permitirá axudar a unha entidade social que está pasando por un momento complicado.

“Trátase dun partido moi bonito polo carácter benéfico que ten, e tamén porque ambos equipos están moi igualados tal e como puidemos contemplar no recente Trofeo de Futsal Cidade de Narón” declarou a Concelleira de Deportes. Natalia Hermida agradeceu ó club Cidade de Narón a súa disposición a colaborar. Este equipo sempre é un exemplo de solidariedade” engadíu. A edil animou á cidadanía a participar neste evento.

entrada ó partido é de balde. Para recadar fondos a beneficio da Asociación Parkinson Ferrolterra, poñeranse á venta unhas rifas (ó prezo de 2 euros/unidade) para participar no sorteo dos seguintes agasallos deportivos:

  • 1 Par de Botas de Fútbol Nike
  • 1 Camiseta Glasgow Rangers
  • 1 Camiseta do Celta de Vigo 
  • 1 Camiseta do Deportivo de A Coruña 
  • 1 Camiseta do Valencia C.F.
  • 1 Camiseta do Sevilla C.F.
  • 1 Camiseta do Racing de Ferrol
  • 1 Camiseta de El Pozo de Murcia 
  • 1 Camiseta Burela Pescados Rubén
  • 1 Camiseta Inter Movistar
  • 1 Camiseta Selección Nacional de Vietnam
  • 1 Camiseta Cidade de Narón Futsal

 

Haberá ademáis outras dúas formas de colaborar neste evento solidario: 

  • A través dun donativo nas urnas que se instalarán na entrada do Pavillón de A Gándara, a beneficio da Asociación Parkinson Ferrolterra.
  • Mediante a Fila Cero (número de conta: ES72- 2080- 0200- 4930- 4011- 6821).

 

O presidente do Cidade de Narón de Futsal, Ramón Padín, explicou que a idea de organizar un partido benéfico xurdiu a partires da petición de axuda do presidente da Asociación Parkinson Ferrolterra. “Pensamos que esta é a mellor maneira que temos para colaborar con eles. Ademáis, temos que agradecer a colaboración do Comité Galego de Arbitros de Fútbol Sala, que donarán os dereitos de arbitraxe deste partido á Asociación de Parkinson”, sinalou Padín, quen tamén agradeceu a colaboración de Cadena Dial Rias.

Pola súa banda, o presidente de Parkinson Ferrolterra explicou que a entidade está a pasar momentos bastante críticos, polo que agradeceu especialmente a colaboración do Concello de Narón e do Cidade de Narón de Futsal. “Esta colaboración é importante porque sirve de exemplo para que outros concellos tamén se impliquen nesta causa”, sinalou Gerardo González. Na actualidade, Parkinson Ferrolterra ten 156 socios, entre usuarios e familiares.