NOVAS

Sés actuará este sábado no Pazo da Cultura para máis de 700 persoas

Publicado o 12 de Xaneiro de 2017

O sábado día 14 teremos en concerto á cantautora coruñesa Sés, María Xosé Silvar. Sés interpretará en Narón temas do seu último disco, o cuarto na súa carreira musical, que viu a luz o pasado mes de decembro-, titulado “Opoñerse á extinción”.

A cita

  • A cita será a partir das 20.00 horas e as entradas, xa á venda na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Culturateñen un prezo de 12 euros para o público en xeral e de 8,40 para abonados, menores de 14 anos e desempregados. A día de hoxe están vendidas unhas setecentas entradas.

O concerto terá unha duración de case dúas horas, un tempo no que o público poderá gozar da música de autor, do blues e dos sons latinoamericanos da man de Sés e dos seus músicos habituais:

  1. Tito Calviño á guitarra.
  2. Fernando Fraga ao baixo.
  3. Lorena “Cachito” Martín á batería.
  4. Lucía Cela, Lucía Souto e Lucía Ínsua farán os coros.
  5. Chicho Cordero ás percusións.

Máis información sobre Sés